Thursday 25 de April de 2024

Desempregados de Touro, O Pino e Boqueixón buscan unha saída laboral na agricultura da man da Rede Xiana


Os 17 asistentes iniciaron hoxe os curso en Fonte Díaz

Un grupo de 15 desempregados dos concellos de Touro (12), O Pino (4) e Boqueixón (1) iniciaron hoxe en Fonte Díaz, capital do Concello de Touro, o curso de Actividades Auxiliares en Agricultura incluido no Proxecto Rede Xiana impulsado pola Deputación da Coruña en colaboración cos concellos da provincia. As personas que iniciaron hoxe o curso teñen o obxectivo de incorporarse ao mercado laboral sumándose a algún proxecto vinculado á agricultura ou coa posta en marcha dalgunha iniciativa de autoemprego dentro deste mundo. O curso combina formación para mellorar as competencias persoais e profesionais con asesoramento personalizado e a realización de prácticas. O alcalde de Touro, Ignacio Codesido, animou aos 15 desempregados a aproveitar os coñecementos para poñelos en práctica. “Merece a pena buscar unha saída laboral”, apuntou Ignacio Codesido, quen considera que estes cursos, eminentemente prácticos, servirán para intentar a incorporación dos asistentes ao mercado de traballo. O curso conta con itinerario de inserción laboral. Dura arredor de seis meses, nos que se impartirán 330 horas de prácticas de agricultura, outras 200 horas de prácticas nunha empresa vinculada ao sector e un seminario de correo electrónico.